Inicio
Proxectos industriais
Concellos emprendedores

Concellos emprendedores

Concellos emprendedores

Concellos emprendedores

Concellos emprendedores

A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas.

Esta iniciativa desenvólvese desde o exercicio 2017, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Para adherirse, os concellos deben comprometerse a proporcionarlles ás empresas e ás persoas emprendedoras as seguintes vantaxes:

  • Máis incentivos fiscais: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.
  • Máis simplificación administrativa: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñan da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.
  • Máis facilidades de acceso a solo industrial: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

A Xunta de Galicia establecerá unha discriminación positiva nas ordes de axudas, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva:

  • A favor dos concellos emprendedores, nas axudas dirixidas aos concellos e destinadas a investimentos e gastos que teñan relación coas finalidades da iniciativa.
  • A favor das empresas, autónomos ou entidades sen ánimo de lucro, nas axudas destinadas á implantación e ao funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, cuxos proxectos se desenvolvan nun concello emprendedor.

“Esta iniciativa ten como obxectivo contribuír á captación de investimentos para a nosa comunidade”

Quero atopar un concello
no que emprender

156 concellos emprendedores

Realiza a túa busca:
Buscador de Concellos para emprender