- Inicio
- New Concellos GAL
proxectos industriais
Concellos
emprendedores
Concellos emprendedores:
162
A Arnoia
Situado no oeste da provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro. As principais actividades económicas neste municipio son a explotación forestal, o transporte e a agricultura. O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello contempla a construción dun futuro polígono industrial de 40.000m².
A Bola
Integrado na comarca de Terra de Celanova, na provincia de Ourense, o concello da Bola ampliará a súa residencia de maiores xunto cun plan de aforro enerxético e de dotación de fibra óptica a todos os núcleos do municipio. As principais actividades económicas deste municipio son a construción, os servizos industriais, a agricultura e a gandería.
A Cañiza
Pertencente á comarca de Paradanta, A Cañiza dispón do parque empresarial de Ribadil, situado a medio camiño entre Vigo e Ourense. Cuns 300.000m² de superficie industrial, ao pé da Autoestrada das Rías Baixas, neste concello sitúanse empresas de sectores do aluminio e do granito principalmente.
A Guarda
Localizado na comarca do Baixo Miño, no suroeste da provincia de Pontevedra.
As principais actividades económicas do concello da Guarda son a construción, os servizos industriais e o turismo. Debido á súa situación estratéxica na fronteira con Portugal, estase a analizar a construción dun parque empresarial.
As principais actividades económicas do concello da Guarda son a construción, os servizos industriais e o turismo. Debido á súa situación estratéxica na fronteira con Portugal, estase a analizar a construción dun parque empresarial.
A Lama
Concello pertencente á comarca do mesmo nome, conta con superficie industrial no parque empresarial de Racelo. As principais actividades económicas deste concello son a explotación agrícola e forestal e a construción. Conta cun viveiro de empresas no parque empresarial para potenciar a xeración de emprego e riqueza na zona.
A Laracha
Na parte oriental da comarca de Bergantiños, o concello da Laracha ten 825.000m² de superficie industrial no seu parque empresarial, onde se instalaron importantes empresas nos sectores téxtil e siderúrxico. Esta área empresarial está situada nunha área estratéxica, xa que conta con acceso directo á autoestrada AG-55. O resto da súa actividade económica é principalmente agraria e forestal.
A Merca
A Merca é un municipio ourensán, localizado na comarca de Terra de Celanova.
Na busca da dinamización da economía local, o Concello comezou cos trámites para a reactivación do proxecto para a creación dun parque empresarial na parroquia de San Pedro da Mezquita.
As principais actividades económicas son a construción e a explotación forestal, agrícola e gandeira.
Na busca da dinamización da economía local, o Concello comezou cos trámites para a reactivación do proxecto para a creación dun parque empresarial na parroquia de San Pedro da Mezquita.
As principais actividades económicas son a construción e a explotación forestal, agrícola e gandeira.
A Rúa
O cultivo de vides e a elaboración de viños é un dos seus principais motores económicos. Outras actividades son a xeración hidroeléctrica, o transporte de mercadorías, a alimentación e a industria auxiliar do automóbil. Conta co polígono As Pedreiras, que dispón de boas comunicacións coa N-120 e a N-536 e a menos dunha hora de Ponferrada.
A Veiga
A Veiga pertence á comarca de Valdeorras e limita coa provincia de Zamora. Aquí sitúase ademais o cumio máis alto de Galicia: Pena Trevinca.
É un dos municipios máis extensos da comunidade, que conta cunha importante masa de bosques de piñeiros. Debido a isto, a industria forestal é o seu principal eixo económico.
É un dos municipios máis extensos da comunidade, que conta cunha importante masa de bosques de piñeiros. Debido a isto, a industria forestal é o seu principal eixo económico.
Abegondo
Abegondo está na comarca da Coruña. A agricultura, a gandería e o sector forestal son os principais motores económicos e o seu sector industrial está relacionado co sector primario. Debido ao peso deste no concello, en Mabegondo atópase o Centro de Investigacións Agrarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Ames
Excelentemente comunicado, o principal centro económico deste concello é o parque empresarial Novo Milladoiro, situado a tan só 1 km da cidade de Santiago de Compostela, e cunha superficie total de 323.000m². Ames conta tamén co espazo de traballo colaborativo A Proa para autónomos e emprendedores.
Arbo
Dispón de 85.000m² de superficie industrial no parque empresarial Paradanta. Está conectado a través da Autoestrada das Rías Baixas (a 18km) co resto do sur de Pontevedra e norte de Portugal, así como coa Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan).
Ademais, conta cunha ponte internacional que o une á poboación portuguesa de Melgaço.
Ademais, conta cunha ponte internacional que o une á poboación portuguesa de Melgaço.
Ares
A pesca destaca dentro da actividade económica deste concello da comarca de Ferrolterra. O sector servizos tamén ocupa a parte da poboación activa que se despraza diariamente á veciña cidade de Ferrol. No verán, o turismo é un sector estratéxico e unha gran fonte de ingresos debido á súa situación privilexiada.
As Pontes de Garcia Rodriguez
É un dos focos máis importantes da industria galega e conta con infraestruturas en comunicacións modernas e de recente construción, recursos enerxéticos e naturais de gran calado e unha excelente localización. Actualmente ten dous parques e dous asentamentos industriais que, en conxunto, suman unha superficie de máis de 1,7 km². Dispón dun instituto de promoción económica para asesorar a persoas inversoras e emprendedoras.
As Somozas
Situado na comarca de Ferrol, na provincia da Coruña, o concello das Somozas conta cun parque empresarial de máis dun millón de metros cadrados onde se sitúan varias empresas relacionadas con sectores de novas tecnoloxías e plantas de rexeneración de materiais industriais. O porto e a terminal de carga máis próximos están en Ferrol, a 38km de distancia, e o aeroporto da Coruña a 75km.
Bande
Localizado na provincia de Ourense, o concello de Bande desenvolveu un plan estratéxico de axudas destinadas ao emprego e o fomento da reactivación económica comercial e agraria. Coa colaboración da Xunta de Galicia, está a avaliar a implantación dunha aldea modelo para a recuperación de terras agrarias.
Cargando...