- Inicio
- Proxectos industriais
- Concellos emprendedores
proxectos industriais
Concellos
emprendedores
“Esta iniciativa ten como obxectivo contribuír á captación de investimentos para a nosa comunidade”
A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas.
Esta iniciativa desenvólvese desde o exercicio 2017, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Para adherirse, os concellos deben comprometerse a proporcionarlles ás empresas e ás persoas emprendedoras as seguintes vantaxes:
Máis incentivos fiscais
Bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.
Máis simplificación administrativa
Concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñan da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.
Máis facilidades de acceso a solo industrial
Bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio. Máis incentivos fiscais: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.
A Xunta de Galicia establecerá unha discriminación positiva nas ordes de axudas, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva:
A favor dos concellos emprendedores
Nas axudas dirixidas aos concellos e destinadas a investimentos e gastos que teñan relación coas finalidades da iniciativa.
A favor das empresas, autónomos ou entidades sen ánimo de lucro
Nas axudas destinadas á implantación e ao funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, cuxos proxectos se desenvolvan nun concello emprendedor.
Referencias normativas
Concellos emprendedores:
162
A Arnoia
Situado no oeste da provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro. As principais actividades económicas neste municipio son a explotación forestal, o transporte e a agricultura. O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello contempla a construción dun futuro polígono industrial de 40.000m².
">A Arnoia

A Bola
Integrado na comarca de Terra de Celanova, na provincia de Ourense, o concello da Bola ampliará a súa residencia de maiores xunto cun plan de aforro enerxético e de dotación de fibra óptica a todos os núcleos do municipio. As principais actividades económicas deste municipio son a construción, os servizos industriais, a agricultura e a gandería.
">A Bola

A Cañiza
Pertencente á comarca de Paradanta, A Cañiza dispón do parque empresarial de Ribadil, situado a medio camiño entre Vigo e Ourense. Cuns 300.000m² de superficie industrial, ao pé da Autoestrada das Rías Baixas, neste concello sitúanse empresas de sectores do aluminio e do granito principalmente.
">A Cañiza

A Guarda
Localizado na comarca do Baixo Miño, no suroeste da provincia de Pontevedra.
As principais actividades económicas do concello da Guarda son a construción, os servizos industriais e o turismo. Debido á súa situación estratéxica na fronteira con Portugal, estase a analizar a construción dun parque empresarial.
">As principais actividades económicas do concello da Guarda son a construción, os servizos industriais e o turismo. Debido á súa situación estratéxica na fronteira con Portugal, estase a analizar a construción dun parque empresarial.
A Guarda
Localizado na comarca do Baixo Miño, no suroeste da provincia de Pontevedra.
As principais actividades económicas do concello da Guarda son a construción, os servizos industriais e o turismo. Debido á súa situación estratéxica na fronteira con Portugal, estase a analizar a construción dun parque empresarial.
As principais actividades económicas do concello da Guarda son a construción, os servizos industriais e o turismo. Debido á súa situación estratéxica na fronteira con Portugal, estase a analizar a construción dun parque empresarial.
A Lama
Concello pertencente á comarca do mesmo nome, conta con superficie industrial no parque empresarial de Racelo. As principais actividades económicas deste concello son a explotación agrícola e forestal e a construción. Conta cun viveiro de empresas no parque empresarial para potenciar a xeración de emprego e riqueza na zona.
">A Lama

A Laracha
Na parte oriental da comarca de Bergantiños, o concello da Laracha ten 825.000m² de superficie industrial no seu parque empresarial, onde se instalaron importantes empresas nos sectores téxtil e siderúrxico. Esta área empresarial está situada nunha área estratéxica, xa que conta con acceso directo á autoestrada AG-55. O resto da súa actividade económica é principalmente agraria e forestal.
">A Laracha

A Merca
A Merca é un municipio ourensán, localizado na comarca de Terra de Celanova.
Na busca da dinamización da economía local, o Concello comezou cos trámites para a reactivación do proxecto para a creación dun parque empresarial na parroquia de San Pedro da Mezquita.
As principais actividades económicas son a construción e a explotación forestal, agrícola e gandeira.
">Na busca da dinamización da economía local, o Concello comezou cos trámites para a reactivación do proxecto para a creación dun parque empresarial na parroquia de San Pedro da Mezquita.
As principais actividades económicas son a construción e a explotación forestal, agrícola e gandeira.
A Merca
A Merca é un municipio ourensán, localizado na comarca de Terra de Celanova.
Na busca da dinamización da economía local, o Concello comezou cos trámites para a reactivación do proxecto para a creación dun parque empresarial na parroquia de San Pedro da Mezquita.
As principais actividades económicas son a construción e a explotación forestal, agrícola e gandeira.
Na busca da dinamización da economía local, o Concello comezou cos trámites para a reactivación do proxecto para a creación dun parque empresarial na parroquia de San Pedro da Mezquita.
As principais actividades económicas son a construción e a explotación forestal, agrícola e gandeira.
A Peroxa
O concello da Peroxa está situado no norte da provincia de Ourense, integrado na comarca da capital ourensá. Tamén está próximo aos parques empresariais de Chantada e Monforte de Lemos.
As principais actividades económicas neste municipio son o sector servizos, e a agricultura e a gandería.
">As principais actividades económicas neste municipio son o sector servizos, e a agricultura e a gandería.