Transforma a túa idea en realidade: como iniciar unha startup en Galicia

Unha das principais dúbidas dos emprendedores ao pensar en lanzar a súa startup en Galicia, é coñecer os pasos clave para emprender con éxito, as tendencias actuais e os recursos dispoñibles aos que pode acceder.

A través de este artigo queremos dar unha idea xeral que sirva de guía de apoio para dar os primeiros pasos para emprender.

Os primeiros pasos: Do soño á realidade

  1. Define a túa idea: Comeza por identificar un problema real e unha solución innovadora. Lembra que en Galicia apostamos forte polos emprendedores, e temos moitas oportunidades de negocio.
  2. Investiga o mercado: Analiza a competencia e o teu público obxectivo. Galicia ofrece oportunidades únicas, especialmente nos sectores tecnolóxico e biotecnolóxico.
  3. Elabora un plan de negocio: Este documento será o teu mapa de ruta. Inclúe unha análise financeira detallada e as túas estratexias de marketing e crecemento. Este paso é básico para que a túa idea medre de forma ordenada.

Tamén e moi importante que fagas unha reflexión asociada ao financiamento do teu proxecto: A chave para despegar.

Un dos maiores retos para os emprendedores galegos é o acceso a esa financiación, e poder atopar varias opcións coas axudas que pon á nosa disposición a Xunta de Galicia: A través do seu ecosistema, podes acceder a diferentes formas de financiamento, como é o caso do Igape, que pon a túa disposición subvencións e axudas que poder consultar a través do simulador de axudas da Oficina Económica de Galicia, ou as axudas destinadas a promover o autoemprego e a actividade emprendedora.

Outro aspecto básico é que teñas en conta as tendencias e as oportunidades que tes en Galicia para desenvolver o teu proxecto:

  1. Dixitalización: A transformación dixital é unha prioridade do tecido empresarial galego. Considera como podes integrar tecnoloxías dixitais no teu proxecto ou como poder dar solucións as principais necesidades das empresas galegas.
  2. Intelixencia Artificial: A IA está a revolucionar moitos sectores e a forma de traballar. Pensa en como podes aplicala para mellorar procesos ou crear novos produtos, así como aproveitala para dar solucións áxiles que ofrezan unha proposta de valor engadido ao teu negocio.
  3. Biotecnoloxía: Xa non é unha novidade que Galicia está a destacar neste campo e continua medrando para manter a súa posición a nivel nacional. Se tes unha idea neste sector, estás no lugar axeitado.
  4. Innovación aberta: Programas como Activa Startups promoven a colaboración entre startups e empresas establecidas poden ser unha grande oportunidade para os comezos dos emprendedores, e ter o impulso que precisan

Ademais, pode ser de gran apoio que coñezas o ecosistema galego que pode favorecer o crecemento das startups e o emprendemento, como poden ser:

  • Rede de aceleradoras: A Xunta ofrece programas de aceleración para impulsar o teu proxecto nas que poderás ter apoios e acompañamento nas diferentes etapas ou enfocados a diferentes sectores.
  • Viveiros de empresas: Espazos de traballo compartido e asesoramento para as primeiras etapas do teu negocio.
  • Networking: A participación en eventos e feiras é unha oportunidade única para conectar con outros emprendedores e posibles clientes e inversores.

“A única maneira de emprender é con coñecemento, innovación e tecnoloxía” – Covadonga Toca Carús, directora xeral do Igape

Non hai unha formula máxica, nin tódolos proxectos son igual, pero de forma xeral deberías ter en conta os seguintes consellos para o éxito da túa idea:

  1. Fórmate constantemente: O coñecemento é poder. Aproveita os recursos formativos que complementen a túa formación en materia de xestión empresarial para ter unha visión mais completa.
  2. Busca asesoramento: Utiliza todolos apoios que a Xunta de Galicia pon a túa disposición para avanzar de forma áxil e resolve as túas dúbidas.
  3. Sé resiliente: O camiño do emprendedor non é fácil, pero con esforzo e traballo podes superar os obstáculos.
  4. Innova sempre: En Galicia temos claro que a “única maneira de emprender é con coñecemento, innovación e tecnoloxía”, como ben destaca a Directora Xeral do Igape, Covadonga Toca Carús no artigo publicado en El Referente.
  5. Aprende dos éxitos locais: Inspírate e coñece as historias de éxito das principais empresas galegas e das empresas innovadoras.

Emprender unha startup en Galicia é un reto que está cheo de oportunidades. Coa combinación axeitada de innovación, perseverancia e aproveitamento dos recursos dispoñibles, podes converter a túa idea nun negocio de éxito. Galicia está a apostar forte polo talento emprendedor, especialmente no ámbito tecnolóxico e biotecnolóxico. Non deixes que o medo ao descoñecido pare o teu proxecto.

Emprega as ferramentas e o apoio que che ofrece a nosa comunidade e dá o primeiro paso cara ao teu soño emprendedor. Lembra que a Oficina Económica de Galicia está ao teu carón.

Se es unha peme, unha persoa autónoma ou emprendedora e tes dúbidas ou precisas axuda na túa idea ou negocio, podes solicitar asesoramento, sen custe, a través do formulario en liña da nosa páxina web. A un clic, sen trámites, sen esperas, sen custo. Ao teu carón para o que precises.

 

O futuro de Galicia está nas mans de emprendedores e empresas que busquen a mellora e o crecemento.