Cales son os custes da rotación de persoal para unha peme?

Un empregado presenta a súa baixa voluntaria e, nun primeiro momento, a situación parece fácil de resolver poñendo unha oferta, realizar entrevistas e incorporar unha nova persoa ao posto. Pero a realidade, na mayoría das ocasión, é ven diferente xa que detrás de cada saída existe un custo moito maior do que adoita percibirse a […]

Diferenciación en redes sociais: cales son as claves

No contexto dixital actual, marcado pola multiplicidade de plataformas, resulta imprescindible adaptar as mensaxes corporativas aos diferentes públicos e canles de comunicación. Cada rede social presenta características propias que permiten dirixirse de forma específica a cada público obxectivo. A mensaxe O elemento fundamental é a transmisión efectiva da mensaxe corporativa. O obxectivo non debe centrarse […]

Do dato disperso ao cadro de mando: como tomar mellores decisións na empresa

Na maioría das pequenas e medianas empresas, os datos existen en abundancia: vendas, gastos, pedidos, horas de traballo, incidencias con clientes… O problema non adoita ser a falta de información, senón a súa dispersión. Cada dato atópase nun arquivo diferente (ou en varios), xestionado por unha persoa distinta e actualizado cunha frecuencia diferente. O resultado […]

Crecer con rendibilidade ou crecer con financiamento: dous modelos distintos de empresa

En moitas pemes o crecemento interprétase como un sinal automático de mellora. Aumentar as vendas, gañar clientes ou ampliar a actividade adoita considerarse unha evolución positiva. Con todo, desde unha perspectiva financeira, non todo crecemento ten o mesmo efecto sobre a estabilidade do negocio. A diferenza clave está en como se financia ese crecemento e […]

Lorenzana salienta o papel das confederacións empresariais galegas na defensa dos intereses de pemes e autónomos

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo cos responsables das catro confederacións empresariais galegas para analizar as súas principais necesidades e preocupacións. Ao remate do encontro, Lorenzana salientou o labor que desenvolven estas organizacións na representación e defensa dos intereses […]

O posicionamento de marca como elemento distintivo

Nun mercado tan competitivo como o actual, diferenciarse da competencia resulta clave para o éxito dunha empresa. O posicionamento de marca non se limita á presenza online: abarca tamén o significado que o público asocia a unha empresa. E é precisamente ese significado o que pode converterse no seu principal elemento diferencial. Que é o […]

Startups baseadas en IA sen modelo de negocio claro: crecer en usuarios non sempre significa construír empresa

O auxe da intelixencia artificial impulsou a creación de numerosas startups centradas nesta tecnoloxía. A facilidade para desenvolver prototipos funcionais, o interese mediático e a rápida adopción por parte dos usuarios xeraron unha sensación de oportunidade inmediata. Moitas startups conseguen captar atención rapidamente, obter usuarios ou proxectos piloto e gañar visibilidade no mercado. Porén, este […]

Como merca unha persoa en Internet? Comportamento e criterios de decisión

É fundamental entender o comportamento dos usuarios e potenciais clientes online: que elementos resultan determinantes á hora de comprar por Internet, ou como inflúe o deseño dunha páxina web nas decisións dos clientes. Emocións e familiarización: a base da primeira impresión Un aspecto fundamental na rede é a primeira impresión. Ante a multitude de estímulos […]

A IA empeza antes do algoritmo: datos, procesos e persoas para transformar a empresa

Cando se fala de intelixencia artificial no ámbito empresarial, a conversación adoita saltar directamente aos algoritmos: que modelo empregar, que ferramenta escoller ou que provedor contratar. Porén, a experiencia de quen xa percorreu este camiño demostra algo diferente: o éxito dun proxecto de IA depende moito menos do algoritmo en si que de tres elementos […]